Friday 17 de May de 2024

Inés Rey: “Acoller unha feira como WOMEX coloca A Coruña entre as grandes cidades europeas para a programación de eventos internacionais”


A alcadesa achegouse esta mañá ao Palexco para visitar os postos e espazos onde se desenvolven as actividades da feira

A alcaldesa de A Coruña, Inés Rey, achegouse esta mañá ao PALEXCO para visitar a feira de WOMEX, que hoxe comeza a súa segunda xornada con 250 expositores e numerosas conferencias para os profesionais da música. “É un orgullo para a nosa cidade poder acoller un evento de tal magnitude como é WOMEX, onde milleiros de persoas comparten non só as súas ideas ou proxectos profesionais relacionados coa música, senón que tamén expoñen parte da súa personalidade e experiencias que, en definitiva, sonas que enriquecen a nosa vida cultural”.

A rexedora, que estivo acompañada por Gonzalo Castro, concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, puido comprobar de primeira man a multiculturalidade que reina estasemana na cidade, demostrando que A Coruña segue á cabeza das urbes preferidas pormoitos profesionais e turistas para gozar da cultura e de eventos mundialmente coñecidos como é o caso de WOMEX, que congrega a unhas 5.000 persoas.

“Acoller grandes eventos como WOMEX é un aliciente máis para que este goberno continúe promocionando, visibilizando e apoiando a cultura en todos os seus ámbitos. Por suposto, o retorno económico para a cidade é moi importante, mais isto tamén se ve reflectido noutros beneficios como o de concibir A Coruña como un lugar perfecto para programar congresos ou espectáculos dignos das grandes cidades europeas”, subliñou Inés Rey.